Inicio / Noticias / A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros
11/02/2020 - 02:05
A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2020.- A Xunta licita a renovación de luminarias da autovía AG-53 para mellorar a súa eficiencia enerxética ata nun 60%, cun investimento autonómico de máis de 120.000 euros.O anuncio, publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia, sinala que as empresas interesadas nesta actuación poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do vindeiro día 24. E o prazo de execución dos traballos é de 2 mesesO contrato inclúe a subministración e instalación de nova luminaria nos enlaces da autovía Dozón-Ourense coa AG-54, o intercambiador, e coa AG-52 e a estrada OU-402. E en ambos os dous enlaces substituiranse as actuais lámpadas de vapor de sodio polas de iluminación LED. O obxectivo da Xunta co cambio destas iluminarias é obter máis durabilidade, eficiencia enerxética e contribuír ao medio ambiente ao reducir as emisións de CO2 da iluminación de autovía. Esta intervención, vén a dar continuidade aos traballos de renovación de luminarias na AG-53 levados a cabo o ano pasado, estando previsto completar o vindeiro ano 2021 coa substitución da luminaria nos enlaces de Piñor e Cea.