Inicio / Noticias / A Xunta licitará antes de final de ano a primeira fase das obras de mellora da estrada PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama que contará cun orzamento de 600.000 euros

A Xunta licitará antes de final de ano a primeira fase das obras de mellora da estrada PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama que contará cun orzamento de 600.000 euros

11/11/2017 - 12:00

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou ao alcalde da Lama, Jorge Canda, de que a Xunta de Galicia licitará, antes de que remate este mesmo ano, a primeira fase das obras de mellora da estrada PO-235, Carballedo-Límite de provincia de Ourense, a o seu paso por este municipio pontevedrés. Para executar esta primeira actuación, o Executivo autonómico investirá 600.000 euros.

As actuación levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 15+500 e o 15+740, onde se ampliará o pontón sobre o regueiro de Xesta, co fin de acadar un ancho de 8 metros e mellorando as curvas existentes antes e despois desta infraestruturas. Así mesmo, traballarase entre os PP.qq 17+200 e o 17+900, en Seixido.

A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico, indicou tamén que se realizará o ensanche e mellora da plataforma, a reposición da drenaxe da estrada e construción de gabias de seguridade, e renovación da capa de rodadura.

Tras distintas reunións, finalmente acadouse que o proxecto nesta estrada quedase dividido en tres partes, priorizándose un primeiro treito, entre Antas-Seixido, entre os puntos quilométricos 11+870 a 18+100.