Inicio / Noticias / A Xunta pon en valor a unión de todas as rexións do noroeste peninsular na reclamación do Corredor Atlántico
18/02/2019 - 02:35
A Xunta pon en valor a unión de todas as rexións do noroeste peninsular na reclamación do Corredor Atlántico

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a unión de todas as rexións do noroeste peninsular para reclamar o Corredor Atlántico, unha infraestrutura que precisa dun investimento de 3.000 millóns de euros.

Alfonso Rueda asistiu á presentación do informe Galicia na rede básica transeuropea de transporte de mercadorías. Retos estratéxicos de futuro, que contou coa asistencia da presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro, e onde lembrou que o venres pasado a rexión Norte de Portugal uniuse á reclamación dos gobernos de Galicia, Asturias e Castela-León para acadar investimentos e actuacións concretas, nun ámbito tan importante como é para a nosa economía, a rede de transporte ferroviario de mercadorías.

O titular da Vicepresidencia indicou que é unha entente entre comunidades, que ademais conta co apoio e o respaldo de empresarios, sindicatos, concellos e da sociedade en xeral. Resaltou ademais, que a definición da rede básica transeuropea de transporte de mercadorías é unha cuestión estratéxica para o Goberno galego e para Galicia, por iso dende a Xunta estase a traballar arreo para que se recolla esta demanda