Inicio / Noticias / A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de Redondela dun tramo antigo da estrada provincial entre Amoedo e Os Valos
09/04/2019 - 13:10

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación da transferencia a prol do Concello de Redondela dun treito antigo da estrada provincial EP-2702, entre Amoedo e Os Valos, desde o punto quilométrico 7+950 á estrada N-550.

O Concello pontevedrés solicitou á Deputación provincial o cambio de titularidade deste treito do viario, que se coñece como estrada Nespereira e que está integrada con carácter de rúa no municipio. Previamente o organismo provincial acometeu o acondicionamento e mellora da seguridade viaria na intersección no treito Amoedo-Os Valos con acceso á Igrexa de Nespereira.

O organismo provincial de Pontevedra considerou axeitado a transferencia a prol do Concello de Redondela, polo que emitiu informe favorable e solicitou o cambio de titularidade do citado tramo provincial á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.A transferencia a prol do Concello de Redondela deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e foi autorizado o pasado día 28 de marzo polo Consello da Xunta a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as Administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Redondela terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.