Inicio / Noticias / A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello do Grove do treito da estrada provincial da praia Carreiro
15/11/2019 - 12:22

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a transferencia a prol do Concello do Grove dun treito da estrada provincial EP-9106 da praia Carreiro.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: http://bit.ly/2Xi4CF1

O Concello do Grove e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio o 9 de agosto de 2017 para levar a cabo unha actuación de seguridade viaria e mobilidade sostible na estrada EP-9106, dende a EP-9101 ata a igrexa de San Vicente.

Rematadas as obras, de acordo coa cláusula do citado convenio, o Concello do Grove acepta o cambio de titularidade. O organismo provincial inicia o procedemento de transferencia dun treito de 877 metros lineais nesta estrada, dando traslado para a súa tramitación ao departamento de Infraestruturas da Xunta.

A transferencia a prol do concello pontevedrés do Grove deste treito da EP-9106 tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que foi aprobado o pasado día 31 de outubro no Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as Administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, correspóndenlle ao Concello do Grove todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía.