Inicio / Noticias / A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para executar as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos
04/05/2020 - 04:15

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos, por un investimento de máis de 1,1 millón de euros.Esta actuación ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-231, ao seu paso polos municipios de Aranga, Curtis e Sobrado, e na estrada AC-840, ao seu paso polos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar e Boimorto.A Xunta reabriu hoxe o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación, xa licitada, pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma.A reactivación do procedemento, que recolle xa a Plataforma de contratos públicos da Xunta, establece que as empresas interesadas na execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 7 de maio. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses, a contar desde a formalización do contrato de adxudicación.Máis en concreto, o contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades. Así mesmo, prevese a limpeza de cunetas e a reposición de sinalización horizontal. Tamén se inclúen pequenas partidas de sinalización vertical, cunetas e barreira de seguridade.