Inicio / Noticias / A Xunta recibe as ofertas de 6 empresas para a mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporá un investimento de 1,3 M€
12/05/2022 - 04:31

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022 A Xunta recibiu as ofertas de 6 empresas para executar as obras de rehabilitación do firme en oito treitos de seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporán un investimento de 1,3 millóns de euros.

 

Trátase do acondicionamento e mellora do pavimento da estrada PO-300 ao seu paso por Meis, Cambados, Vilanova e Ribadumia; da PO-309, en Poio; da PO-312 e da PO-316, en dous treitos do Grove; da PO-308, en Sanxenxo; e da PO-531 en Pontevedra.

 

Estres traballos suporán o acondicionamento do firme nun total de 14,7 quilómetros de lonxitude destas vías autonómicas que discorren por estes oito municipios da provincia de Pontevedra.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras ao final do verán, para non interferir no tráfico na época estival, de importante afluencia turística. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses.

 

De xeito máis detallado, as actuacións na estrada PO-300 Mosteiro-Cambados, permitirán a mellora do firme en máis de oito quilómetros da vía, ao seu paso polos termos de Meis, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia. A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320 e tamén no tramo que vai do punto 6+790 e 11+720 da PO-300.

 

Na estrada PO-308 actuarase ao seu paso por Sanxenxo, entre os puntos quilométricos 28+100 e 28+480; e na PO-309, no tramo que vai do punto 0 ao 1+180, no concello de Poio.

 

No concello do Grove actuarase nas estradas PO-312, entre os puntos quilométricos 0 e 1+580; e na PO-316, dos quilómetros 0 ao 1+800.

 

No caso da estrada PO-531, actuarase nos treitos situados entre os puntos 7+600 e 8+150 e o 8+350 e 8+900, ao seu paso polo municipio de Pontevedra.

 

Como actuacións complementarias á reposición do firme, este contrato tamén inclúe a mellora de interseccións nas estradas PO-300 e PO-309, o acondicionamento de acceso a outra estrada anexa na PO-300 e a instalación de dous pasos de peóns sobreelevados na PO-312 para reforzar a seguridade viaria.

 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Normal
0

false
false
false

GL
X-NONE
X-NONE

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Táboa normal";
mso-style-parent:"";
font-size:10.0pt;"Times New Roman",serif;}