Inicio / Noticias / A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada AC-160, entre os concellos de Miño e Vilarmaior
12/06/2020 - 13:15
A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada   AC-160, entre os concellos de Miño e Vilarmaior

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de execución dunha senda peonil na estrada AC-160, entre os Concellos de Miño e Vilarmaior.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Excavaciones y canalizaciones Conde S.L. por importe de case 50.000 euros.

A senda desenvolveuse na marxe esquerda do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 7+000 e 7+880.

A intervención centrouse na construción dun itinerario peonil dun ancho de 1,5 m, no que se utilizou firme de formigón.

Este itinerario facilitará a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sustentables ao solucionar as carencias deste tramos de estrada que non dispoñía de beirarrúas.