Inicio / Noticias / A Xunta somete a exposición pública a modificación do proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo
11/12/2017 - 04:49

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública a modificación número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo. Os interesados poderán consultar este documento durante o prazo dun mes.

Para examinar a documentación, deberase solicitar a mesma nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e no Concello de Mondoñedo, así como na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda o consultala no seguinte enlace: https://goo.gl/wz7A34.

A modificación puntual do proxecto sectorial, tramitada a instancias de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA, S.L.) ten como obxectivo modificar os usos de algunhas parcelas de industrial a empresarial, co obxectivo de facilitar a dinamización do parque empresarial mindoniense.