Inicio / Noticias / A Xunta somete a información pública o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago, para adaptala á actividade económica e urbanística da contorna
12/05/2022 - 04:03

Normal
0

false
false
false

ES
ZH-CN
AR-SA

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago de Compostela.

 

O obxectivo da modificación é equilibrar a necesaria defensa do dominio público viario cunha xestión máis acorde co desenvolvemento da actividade económica e urbanística na contorna da vía autonómica VG-1.8, que comunica o polígono industrial do Tambre coas estradas provinciais a Santa Comba e Trazo.

 

Os documentos que se someten a información pública propoñen a modificación de clasificación funcional da variante de Aradas, que no momento da súa construción definiuse desde o punto de vista legal como vía de alta capacidade, xerando polo tanto unha liña límite de edificación de 50 metros.

 

O departamento de Infraestruturas da Xunta impulsa esta cambio na súa clasificación, de modo que, sen que signifique ningunha modificación na súa configuración física, permita que a súa liña límite de edificación se reduza a 15 metros.

 

O cambio sometido a información pública é coherente coa modificación da Lei de estradas, que tamén racionalizou a afección territorial das estradas, reducindo de forma significativa a afección en gran parte da rede autonómica e provincial, ao vincular a liña límite de edificación á clasificación funcional das vías. Así, mantivéronse os 15 metros na rede estruturante e complementaria, e reduciuse a 7 metros na rede local.

 

O prazo para a presentación de suxestións comeza mañá e estenderase durante 30 días hábiles. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar a información: https://bit.ly/38lAWAM.