Inicio / Noticias / A Xunta somete a información pública o proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi-Ponteceso, en Cabana de Bergantiños, na que investirá case 1 millón de euros
23/12/2019 - 03:32
A Xunta somete a información pública o proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi-Ponteceso, en Cabana de Bergantiños, na que investirá case 1 millón de euros

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 23 de decembro de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou nunha xuntanza o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, do inicio hoxe da información pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423, no treito ata Anllóns, que contará cun investimento autonómico de case 1 millón de euros.Vázquez Mourelle salientou que a intervención nesta estrada, que conecta coa autovía da Costa da Morte, permite atender á demanda de conexión da poboación, e subliñou que a Xunta xa ten redactado o proxecto de mellora da mesma, no seu treito inicial, algo máis de 5 km, ata o cruce en Baneira.Sinalou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto e a relación de bens e dereitos necesarios para a mellora desta infraestrutura, unhas 17 fincas. Os interesados poderán facer achegas desde este xoves e ata o 6 de febreiro, xa que se establece un período de 30 días hábiles.Avanzou que logo da información pública se procederá á aprobación definitiva do proxecto para iniciar as expropiacións en 2020 e a continuación poder licitar as obras, que teñen un prazo de execución de 6 meses.Nesta 1ª fase mellorarase o firme naqueles treitos que presentan deteriorados rectificaranse as curvas que teñan un radio reducido, nun treito de medio quilómetro; e executaranse 3 treitos de sendas peonís en distintos puntos para conectar coas xa existentes. Ademais instalarase unha nova marquesiña na parada de autobús.A conselleira tamén abordou co rexedor outras infraestruturas executadas recentemente no concello como a senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que vai de Ponteceso a Laxe, entre os núcleos de Neaño e A Carballa.Salientou que este itinerario sumado ao acondicionamento da estrada anteriormente descrito supón un investimento autonómico de 1,5 millóns de euros para reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade dos veciños de Cabana.Esta senda une coas beirarrúas xa existentes, creando un itinerario de case 7 km que lle permite aos veciños desprazarse entre Ponteceso e Taboído en condicións de maior seguridade.Cómpre lembrar que a actuación está enmarcada no Plan de Sendas na comarca de Bergantiños, co que se están a construír 11 quilómetros de itinerarios que suman un investimento duns 5 millóns de euros.Ethel Vázquez precisou que este plan está xa moi avanzado na comarca, cun grado de execución que rolda o 75%. Concretou que 5 sendas están en servizo e noutras 2 que se está a avanzar, a de Laxe, xa adxudicada e que se iniciará á volta de Nadal, e a de Carballo-Coristanco, en cuxa preparación se está tamén traballando.