Inicio / Noticias / A Xunta subliña o papel do Centro Xuvenil A Estación da Estrada como promotor da cultura urbana e o asociacionismo entre a mocidade
11/10/2019 - 07:46

A Estrada (Pontevedra), 11 de outubro de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, subliñou o papel do Centro Xuvenil A Estación da Estrada como promotor da cultura urbana e o asociacionismo entre a xuventude da localidade. Fíxoo durante a visita que realizou hoxe á tarde a estas instalacións na localidade pontevedresa.

Cristina Pichel puido coñecer de primeira man as asociacións que na actualidade acoden ao centro para poñer en marcha diferentes iniciativas. Entre elas destaca Ocionautas, colectivo que, entre outros aspectos, desenvolve un labor de acompañamento xuvenil coa finalidade de achegar as ferramentas axeitadas á xuventude para facilitar a toma de decisións.

O Centro Xuvenil A Estación da Estrada está emprazado na planta baixa da antiga estación de autobuses desta localidade. Ao seu abeiro naceron diversas asociacións que seguen poñendo en marcha iniciativas e proxectos culturais destinados á mocidade, en áreas como os videoxogos, a música ou o deporte.