Inicio / Modelos para o envío de datos ao Xurado de Expropiación de Galicia

Envío masivo de datos ao Xurado de Expropiación de Galicia (XEG)

En aras dunha maior eficacia compre que as administracións expropiantes envíen os datos dos diversos expedientes ó XEG cargados nunha base de datos, sobre todo cando o número de pezas separadas por proxecto sexa maior de 30.

Para elo deseñouse unha base de datos que moi doadamente se pode encher cos datos que figurarán nas BB.DD. que de seguro teñen as administracións expropiantes e que permitirán a carga masiva na aplicación do XEG.

Prégase poñerse en contacto co XEG para facilitar os modelos a empregar.

Modelo de acta previa á ocupación

Moitas actas previas á ocupación que están a chegar ó XEG carecen de datos importantes que facilitarían (e a veces incluso posibilitarían) a realización dunha valoración axeitada por este órgano.

Neste senso preparouse un modelo de Acta Previa que contén os datos fundamentais que deberían constar.