Inicio / O Xurado de Expropiación de Galicia / Preguntas frecuentes sobre o Xurado de Expropiación de Galicia

Preguntas frecuentes sobre o Xurado de Expropiación de Galicia

A seguinte sección ten como obxectivo axudar ao usuario na resolución das súas dúbidas máis habituais sobre o Xurado de Expropiación de Galicia. Para iso clasificamos as consultas que nos realizaron ata agora por categorías para facilitar a súa localización. Se non atopa a información que lle interesa poderá tamén contactar connosco enviando as súas preguntas ou suxestións por correo electrónico usando o formulario habilitado para iso e que atopará ao final de cada categoría de consultas.

Que é o Xurado?

É o órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia, especializado nos procedementos de fixación de prezo xusto en procedementos de expropiación forzosa. Isto é sempre que administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

Cando empezou a súa competencia?

O día 14 de febreiro de 2006.

Desapareceron os Xurados Provinciais que xa existían en Galicia?

Non, quedarán tan só para as Expropiacións aprobadas pola Administración Xeral do Estado, así mesmo rematarán os expedientes que teñan pendentes de resolución ata o día de constitución do novo Xurado de Expropiación de Galicia.(14/02/06).

Como funciona o XEG?

Unha vez que os proxectos a valorar entran no rexistro do Xurado, os expedientes (agás que lle falte documentación esencial para a súa resolución) se distribúen en función da materia nas diferentes seccións do XEG, para que elaboren unha proposta motivada, nas que se valoran cantas probas e alegacións se incorporasen ao proxecto obxeto de valoración. A proposta das seccións elevarase ao pleno para a adopción da resolución que proceda en cada caso.

Cantos membros ten o Pleno do XEG?

Pode ter ata un máximo de 17 membros.

Quen forma parte do Pleno do XEG?

6 funcionarios do Xurado de Expropiación de Galicia, e ata 11 representantes de distintos colexios profesionais de Galicia, da Consellería de Facenda, da Asociación de Consumidores de Galicia, e da Fegamp.

Cando se reúne o Pleno do XEG?

De forma xeral o último xoves de cada mes.

Que expedientes se envían ao Xurado?

Normalmente son nos que non se alcanzou un acordo no prezo do ben ou dereito obxecto da expropiación, entre a administración expropiante e o expropiado. Tamén aqueles en que o propietario é descoñecido ou que non foi posible poñerse en contacto con él.

Quen remite o expediente ao Xurado?

A Administración expropiante, que remitirá o expediente completo con toda a documentación necesaria, foliado numéricamente na orde cronolóxica da súa formación, cunha dilixencia final que certifique o número de folios útiles e a data de remisión ao Xurado. Básicamente cada finca dun proxecto de expropiación se tramita como unha peza separada de maneira individual (expediente).

Que tipo de expedientes de expropiación se tramitan con carácter xeral?

Expedientes de prezo xusto: cando se tramita un expediente de expropiación e non hai acordo no prezo a abonar, entre as partes implicadas, isto é expropiante e expropiado, envíase o expediente ao Xurado de expropiación para que determine un prezo xusto para ese expediente. As modalidades destes expedientes son as que seguen:

  • Ordinario
  • Urxente
  • Taxación conxunta
  • Ocupación temporal
  • Ministerio de lei
  • Retaxación

Expedientes de reversión: a reversión é o dereito que corresponde ao expropiado para recobrar a totalidade ou a parte sobrante do expropiado, no caso de non executarse a obra ou de non estabrecerse o servizo que motivou a expropiación, así como se desaparecese a afectación, abonando unha indemnización.

Expedientes de compensación: estes son sistemas de actuación para a execución urbanística dun sector, polígono, unidade de execución ou de actuación (actuación de transformación urbanística), polo que os propietarios aportan os terreos de entrega ou cesión obligatoria e gratuita, realizan a súa costa a urbanización nos termos e condicións que se determinen no Plan e se constitúen en Xunta de Compensación, salvo que os terreos pertenezan a un titular. No Xurado de Expropiación son obxeto de valoración os distintos bens e servizos, para os que non se chegue a un acordo coa Administración expropiante.

Expedientes de execución de sentenza: trátase de expedientes que se valoran de acordo coa execución dunha sentenza xudicial, correspondéndose principalmente con sentenzas do TSXG, aínda que poden ser doutras instancias xudiciais.

Que prazo de resolución ten o expediente?

O prazo de resolución é de tres meses dende a entrada no rexistro do XEG, no caso de que o expediente teña toda a documentación mínima necesaria para a súa valoración.

A quen se lle notifica a resolución?

A resolución comunícase ao expropiado e á administración expropiante, e se é o caso, ao beneficiario da expropiación.

Que acontece se estou de acordo coa resolución?

Se a administración expropiante non recorre a resolución emitida polo XEG, ordenará o pagamento mediante o libramento e o responsable da administración que levou a cabo a expropiación sinalará día, hora e lugar, para efectuar o pagamento ao expropiado.

Que acontece se non estou de acordo coa resolución?

Pódese interpoñer recurso de reposición ante o propio Xurado no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo).

A quen me dirixo para asuntos relacionados co pagamento dos bens e dereitos expropiados?

Sempre a administración que realiza a expropiación é a responsable de todos os pagamentos relacionados coa citada expropiación. O Xurado de Expropiación de Galicia só realiza a fixación dun prezo xusto, pero non ten relación algunha cos pagamentos.

Quen me informa sobre o meu expediente de expropiación?

Con carácter xeral coa administración que lle expropia, quen me dará conta do estado do meu expediente. Se o mesmo entrou no Xurado para a súa valoración, terei que esperar á resolución do Xurado para saber cal é o prezo xusto.