Inicio / Noticias / O delegado territorial de Pontevedra visita dúas entidades veciñais do concello da Estrada
15/01/2024 - 05:38
O delegado territorial de Pontevedra visita dúas entidades veciñais do concello da Estrada

A Estrada, 15 de xaneiro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Estrada, onde acudiu aos locais sociais de dúas asociacións veciñais.

Reguera visitou primeiro a asociación de veciños de San Miguel de Cora onde coñeceu o espazo renovado onde a entidade organiza todo tipo de actividades e que sirve de lugar de reunión para a veciñanza da contorna. Neste sentido, Reguera lembrou que “conservar e coidar este tipo de estruturas é imprescindible para manter o rural vivo. Isto non é só un foco de interese para os veciños, é tamén unha oportunidade para toda esa xente maior que vive soa e que ten aquí un lugar agradable onde divertirse e relacionarse”.

Xa coa asociación de veciños Santa Cristina de Vea, Reguera comprobou o cambio que sufriu a fachada do seu local social que foi recentemente pintada e na que melloraron a accesibilidade da entrada.