Inicio / Noticias / A Xunta amplía a senda peonil de Vilanova de Arousa e mellora as beirarrúas cunha actuación de máis de 1,1 millóns de euros
05/10/2023 - 05:12
A Xunta amplía a senda peonil de Vilanova de Arousa e mellora as beirarrúas cunha actuación de máis de 1,1 millóns de euros

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 5 de outubro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Vilanova de Arousa. En concreto, as obras realizadas na senda peonil da PO-549 entre Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

A actuación permitiu aumentar o traxecto da senda peonil xa existente, reparar e aumentar o ancho das beirarrúas. Ademais instalouse o alumeado e realizáronse traballos de xardinería en algúns tramos. 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra puxo en valor a importancia desta actuación para estes concellos, ao favorecer a mobilidade e permitirlle aos veciños facer os seus desprazamentos a pé de xeito máis cómodo e seguro, a través dunha nova senda que acada os 2,5 quilómetros.  

A obra foi posible grazas a un investimento da Xunta de máis de 1,1 millóns de euros. O delegado destacou “o compromiso da Xunta por levar a cabo obras que melloren a calidade de vida de todos os galegos e galegas”.