Inicio / Noticias / A Xunta celebra no concello da Estrada unha xornada de formación sobre o cultivo e a poda da oliveira
08/08/2020 - 12:55

A Estrada (Pontevedra), 8 de agosto de 2020.- A Xunta participa hoxe na celebración da xornada de formación “Cultivo e poda da oliveira en Galicia”, organizada pola Consellería do Medio Rural e pola Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (Apaag).

A actividade, que ten unha duración de oito horas, está impartida por Ramón Pulgar, experto oleícolo de recoñecido prestixio. Nela, trataranse distintos temas como a preparación do solo, sistemas e marcos de plantación, condución e poda, necesidades de rego e enfermidades da oliveira.

Esta xornada formativa é de gran interese para os agricultores en xeral e para os interesados neste sector en particular, posto que a olivicultura é un eido produtivo en Galicia emerxente pero con moi boa acollida, ao estaren xa rexistradas arredor de 164 hectáreas deste cultivo cun total de 180.000 oliveiras.

Ao longo deste mes celebraranse outras xornadas sobre este sector en diferentes enclaves de Galicia, co fin de poder chegar ao maior número de persoas que poidan beneficiarse deste tipo de formación.