Inicio / Noticias / A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña
17/12/2023 - 04:52
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2023

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña.

As novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-445, no municipio de Fisterra; e na LU-540, ao seu paso por Viveiro, Ourol, Xermade e Muras.

Tamén continuarán as intervencións que xa están en marcha en distintas vías autonómicas, como na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

En lugo avanzarán as actuacións na vía de altas prestacións que comunica Viveiro e Xove (C.G-2.3).

Tamén en Ourense continuarán os traballos na OU-504, ao seu paso polos municipios do Carballiño, Maside e Leiro.

Na provincia de Pontevedra seguirán as intervencións nas marxes da AG-46, que comunica Moaña e Cangas; e na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas.

Control de biomasa

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.