Inicio / Noticias / A Xunta dá continuidade á senda peonil de Tuiriz en ambas marxes da LU-617, cun investimento de 330.000 euros
19/12/2023 - 04:19
A Xunta dá continuidade á senda peonil de Tuiriz en ambas marxes da LU-617, cun investimento de 330.000 euros

Pantón (Lugo), 19 de decembro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras que estenden a senda peonil en ambos marxes da estrada autonómica LU-617 ao seu paso por Tuiriz, no municipio de Pantón.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o desenvolvemento dos traballos e confirmou que a previsión é que estean practicamente rematadas este mesmo ano.

Arias destacou que esta actuación comprende 530 metros da travesía -na saída cara a Escairón- e conta cun investimento de 330.000 euros, dando continuidade ao itinerario peonil de máis dun quilómetro xa existente.

Acondiciónase unha senda de 1,80 metros de ancho, aínda que se axusta ao espazo dispoñible alí onde non se poida acadar debido á existencia de edificacións. A súa implantación “redundará na seguridade dos veciños que teñen ás beiras da estrada as súas vivendas e fincas, establecendo unha separación física entre o tráfico de vehículos e o de peóns”, apuntou o delegado.

Tamén se constrúen dous muros de contención para salvar a diferenza de cotas que se produce entre a rasante do itinerario e o terreo natural en zonas de ensanche necesarias para albergar o ancho da senda; son de bloques de granito e levarán unha varanda de ferro fundido.