Inicio / Noticias / A Xunta destaca o papel da gandaría en Galicia nun encontro con representantes do sector na Estrada
15/12/2023 - 06:06
 A Xunta destaca o papel da gandaría en Galicia nun encontro con representantes do sector na Estrada

A Estrada (Pontevedra) 15 de decembro de 2023 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe nun encontro con gandeiros dos municipios de Forcarei e A Estrada, organizado por este último Concello, para falar da situación do sector, un dos de maior relevancia para a economía galega. O director xeral estivo acompañado polo alcalde estradense, José López Campos.

A Xunta segue traballando a prol do sector primario e por iso no 2024 destinará 83 millóns de euros en axudas para a súa modernización e a mellora da competitividade, así como para facilitar a remuda xeracional. Ademais, dentro do apoio ao sector gandeiro contarase con outra liña de axudas de 12 millóns de euros destinada aos produtores que traballen baixo o indicativo de Ternera Gallega.