Inicio / Noticias / A Xunta estuda a posibilidade de implantar unha figura de reestruturación forestal no concello pontevedrés da Estrada
21/12/2023 - 02:29
 A Xunta estuda a posibilidade de implantar unha figura de reestruturación forestal no concello pontevedrés da Estrada

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha xuntanza co alcalde da Estrada, José López, para abordar unha posible colaboración entre a Axencia e este municipio en materia de reestruturación e posta en valor de terra a través das figuras que facilita a lexislación autonómica vixente.  

Neste sentido, estudaron os diferentes instrumentos que proporcionan estas normas co fin de escoller o máis acaído para a zona na que se prevé actuar, co obxectivo de executar traballos de reestruturación forestal en montes do concello. Tamén abordaron a posibilidade de avanzar noutras liñas de colaboración institucional.