Inicio / Noticias / A Xunta inicia a prolongación da autovía AG-59 entre A Ramallosa e o concello da Estrada
07/12/2017 - 05:32

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto de utilidade pública, paso previo á expropiación, das 562 parcelas necesarias para construír un novo tramo da autovía AG-59 entre a Ramallosa (Teo) e o concello da Estrada.

Feijóo subliñou que este novo tramo de 3 quilómetros permitirá seguir alixeirando o tráfico da estrada AC-841, que discorre paralela á autovía entre Santiago e Pontevea, atravesando os núcleos de Chao do Río, Ferreiriño e a propia Pontevea.

Cun orzamento de 2 millóns de euros para as expropiacións e para avanzar no proxecto de cara a contratar as obras, o titular do Goberno galego precisou que en total, o treito A Ramallosa-Pontevea disporá dun investimento de aproximadamente 24 millóns de euros.

Con esta medida, o Goberno galego reactiva a construción dos treitos que faltan da autovía Santiago - A Estrada.