Inicio / Noticias / A Xunta iniciará esta semana as obras de mellora na estrada autonómica LU-133 Reme-Vilamar na que se teñen investido 1,5 millóns de euros nos últimos anos
31/07/2018 - 05:13
A Xunta iniciará esta semana as obras de mellora na estrada autonómica LU-133 Reme-Vilamar na que se teñen investido 1,5 millóns de euros nos últimos anos

Ribadeo (Lugo), 31 de xullo de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto iniciar este semana as obras de mellora da seguridade viaria e reforzo localizado do firme na estrada autonómica LU-133, entre as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros)

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos sobre o terreo iniciaranse previsiblemente este xoves, 2 de agosto, aínda que mañá mesmo está previsto proceder á sinalización da obra e a acometer diversos traballos preparatorios que son previos.

A empresa adxudicataria, Isidro Otero, actuará ao longo dos 11,15 quilómetros de vía distribuídos en dous treitos: Entre o p.q. 6+640 (glorieta de intersección coa LU-P-6103 a Trabada) a 14+300 (na entrada de San Vicente) e o p.q. 17+350 (intersección coa LU-P-5207 a Ribadeo) a 21+240 (final da estrada, na intersección coa N-640)

Os traballos consistirán na regularización da superficie actual do firme nos espazos mais deteriorados (fresados localizados) e na extensión dunha nova capa de rodadura en todo o ancho da plataforma.

Ademais está previsto a reposición da sinalización horizontal nos treitos afectados polas actuacións e colocación de ollos de gato e a substitución de barreiras de seguridade e instalación de novos treitos de barreiras.

Balseiro explica que a o proxecto inclúe un prazo de execución destas obras de catro meses, e avanza que o investimento previsto para estes traballos está próximo o millón de euros.

Con todo, esta obra completa unha executada nos primeiros seis quilómetros destas mesma vía e promovida nos anos 2015 e 2016, e que daquela supuxo un investimento adicional 485.000 euros, polo que investimento global do Goberno galego nesta vía será de preto 1,5 millóns de euros