Inicio / Noticias / A Xunta licita a redacción do plan estruturante do parque empresarial de Cabana de Bergantiños por preto de 250.000 euros
12/01/2024 - 07:07

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia investirá preto de 250.000 euros na redacción do plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) e dos instrumentos de desenvolvemento e execución para a urbanización do parque empresarial de Cabana de Bergantiños (A Coruña), tal como publica hoxe a plataforma de contratos públicos de Galicia

A previsión é que o parque empresarial deseñado pola Xunta de Galicia neste concello coruñés ocupe unha superficie total de máis de 200.000 metros cadrados para atender as necesidades do tecido empresarial da contorna.

O prazo de duración do contrato, que engade tanto os prazos de execución como os necesarios para a tramitación da documentación, estímase en 24 meses.

As empresas interesadas en participar na licitación e acceder ao contrato teñen de prazo ata o próximo 20 de febreiro para presentar as súas propostas.