Inicio / Noticias / A Xunta mellorará o firme na estrada AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago
18/11/2023 - 12:32

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2023

A Xunta acometerá novas obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago de Compostela.

Esta intervención, adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas, cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

As obras consisten na rehabilitación do firme da estrada AC-261 en dous puntos da mesma, en concreto na contorna dos puntos quilométricos 2+000, en Aríns, no concello de Santiago de Compostela, e 8+000 en Lamas, no municipio de Boqueixón.

Os traballos consistirán no fresado e na reposición de 5 cm da capa de rodaxe do firme existente nos citados puntos quilométricos.

A reposición da rodaxe levarase a cabo no ancho completo dos carrís cunha capa de mestura betuminosa en quente.

As obras, que contribuirán a reforzar a seguridade viaria na zona, danlle continuidade ás diversas actuacións de mellora do firme que a Xunta leva acometido nos últimos anos en diversos treitos do trazado desta vía.