Inicio / Noticias / A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento de máis de 1 M€
21/02/2024 - 02:07
A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento de máis de 1 M€

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024 A Xunta vén de rematar as obras de construción dun itinerario peonil no antigo trazado da PO-400 en Arbo, cun investimento de máis de 1 M€.

A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600.

A senda construída conta cun ancho mínimo de 1,8 metros para garantir os desprazamentos cómodos e seguros dos veciños.

Esta intervención tamén incluíu a mellora do firme da calzada e a súa ampliación ata os seis metros de ancho.

Ademais a Xunta aproveitou esta obra para resolver distintas necesidades constatadas nesa contorna.

Neste sentido, ampliouse o pontón de mampostería coa instalación dunha pasarela para o tránsito peonil; mellorouse o saneamento e o abastecemento de auga coa instalación de tubaxes baixo a senda; e colocáronse novos puntos de luz e dúas paradas de autobús con marquesiñas.