Inicio / Noticias / A Xunta somete a información pública a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas que incorpora a AC-12 para facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña
03/10/2023 - 04:05

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Esta modificación do catálogo da rede viaria autonómica recolle a incorporación do treito da vía estatal AC- 12, entre os puntos quilométricos 1+600, na intersección da avenida de Oza coa vía de servizo, e o quilómetro 4+160, pasado o enlace na Ponte Pasaxe, cuxa titularidade foi asumida pola Xunta para facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña, que suporán un investimento de máis de 24,2 M€.

Desde a última modificación do catálogo da rede autonómica, aprobada polo Decreto 30/2023, do 30 de marzo, súmase tamén na AG-51, na autovía da PLISAN, a zona aberta ao tráfico en abril deste ano.

A publicación dos documentos dos proxectos de decreto destas dúas vías pública correspóndese co trámite polo que estas vías adquiren a condición de estradas de titularidade da Xunta, o que fai preciso a modificación do Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, conforme ao establecido no apartado 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.

O trámite de información pública levarase a cabo por un prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No seguinte enlace ao DOG se pode consultar a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231003/AnuncioG0181-180923-0001_gl.html