Betanzos (A Coruña), 27 de agosto de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada de técnicos da Xunta e da empresa q vai executar a obra, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora do firme na estrada AC-542 ao seu paso polo concello de Betanzos.
Os traballos que comezarán este martes na AC-542, se iniciarán polo punto quilométrico 0, na zona de Infesta.
Esta actuación na vía autonómica forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe nun total de 5 estradas no seu percorrido por 8 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 2 M€
O obxectivo é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos, ademais de na AC-542, nas estradas AC-136, AC-221, AC-230 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.
As actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.
Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.
O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación.