Medio Rural e os concellos de Vedra, A Estrada e Boqueixón avalían colaborar no proxecto ‘Ulla Navegable’ de rutas en kayak

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo este mediodía un encontro de traballo cos alcaldes de Vedra, Carlos Martínez; A Estrada, Gonzalo Louzao; e Boqueixón, Ovidio Rodeiro; en relación co proxecto Ulla Navegable. Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Axencia en Santiago, avaliouse a posible colaboración entre a Consellería do Medio Rural e estes concellos para impulsar unha iniciativa vinculada ao turismo de natureza, como factor de desenvolvemento local, neste caso a través das rutas en kayak polo río.