Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2022.- O Servizo Galego de Saúde vén de detectar o primeiro caso de BA.2 en Galicia. O laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, foi quen de secuenciar esta nova sublinaxe de Ómicron, tamén coñecida como "silenciosa".
Este primeiro caso secuenciado pertence á Área sanitaria viguesa. Os outros quince casos en estudo están relacionados co primeiro caso xa secuenciado. Todos están localizados na Área sanitaria de Vigo e na de Santiago de Compostela e Barbanza. Os pacientes presentan síntomas semellantes a unha gripe leve e ningún deles está hospitalizado.