Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023
A Oficina Rural da Estrada vén de rematar as obras de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento de case 76.000 euros para diversas melloras -75.994,53-.
Esta oficina, que dá servizo aos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo, mellorou as súas instalacións no interior e tamén nas carteleiras exteriores, así como a renovación do mobiliario. O obxectivo destas actuacións é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.
No espazo coñecido anteriormente como Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, a Oficina Rural da Estrada comparte as instalacións do edificio con Emerxencias desta localidade pontevedresa. No 2012 trasladouse a estas dependencias, que contan cunha superficie de 115 metros cadrados no polígono estradense de Toedo.
A oficina dispón de varios postos administrativos que prestan atención xeral á cidadanía, pero tamén en materia de servizos agrarios e veterinarios para aquelas persoas que o precisen dos concellos aos que atende.