Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2026
As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste vindeiro luns, día 19 de xaneiro, no marco dos traballos de renovación e mellora dos apoios do taboleiro sobre as pilas do viaduto, os cales requirirán o izado do taboleiro.
Trátase da segunda fase da intervención, na que se procederá ao izado do taboleiro do viaduto e á execución dos traballos de renovación e mellora de apoios do taboleiro sobre os capiteis das pilas. Durante esta actuación, cuxa duración se estima entre 2 e 4 días laborables, será necesario realizar o corte total da calzada e a habilitación do correspondente desvío está previsto para o seguinte luns, día 19 de xaneiro.
Así, ambas as fases deberán repetirse para cada un dos 5 apoios do viaduto, polo que se estima que as obras remataran ao longo desta próxima primavera.
Segundo a planificación dos traballos, durante todo o período de execución dos traballos manterase cortado o carril da AG-53 entre o quilómetro 86,5 e a conexión da AG-53 coa A-52 e a OU-402, e estímase que cada 2 semanas producirase un corte de calzada de 3 a 4 días de duración cada un deles, para o que se habilitarán os correspondentes desvíos.
Durante a execución das obras, tanto na AG-53 como na AG-54 e no enlace de Maside dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.
Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7
Percorridos alternativos:
Desde Santiago (AG-53): https://maps.app.goo.gl/VgW97jrwn7BVchy79
Desde O Carballiño (AG-54): https://maps.app.goo.gl/sRLgSyR293GwNe8x6
Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva