Santiago de Compostela, 21 de agosto 2023 A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-424 no Couto, en Ponteceso.
Este contrato foi adxudicado á empresa consultora L2 Ingeniería y Consulting Galicia S.C.P. por un importe de máis de 18.000 €.
O obxectivo é reforzar a seguridade na intersección do punto quilométrico 1+310 da estrada autonómica AC-424, que presenta problemas de visibilidade.
Para isto, proxectaranse as intervencións precisas para optimizar esta intersección, gañando espazo a través da expropiación da edificación non habitada que se atopa nunha esquina da mesma.
Este proxecto considerará a actuación programada da senda nesta mesma estrada AC-424, entre os puntos quilométricos 1+150-1+400, xa aprobada.
Este itinerario, coa mellora da citada intersección, verá reforzada a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos usuarios da senda.
A Xunta prevé executar o vindeiro ano as obras da senda, así como as da mellora da intersección.