Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanza no estudo dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-550, no concello de Outes.
A orde de estudo persegue a definición de detalle do proxecto de execución dun itinerario de preto de 2,3 quilómetros de lonxitude, no treito desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 62+120 a 64+410, ao seu paso polo municipio coruñés.
O obxectivo e facilitar o tránsito camiñando ou en bicicleta entre Cruceiro de Roo e o núcleo urbano do municipio.
A senda deseñarase segundo os criterios do Plan de sendas de Galicia, cun ancho de 2,5 metros de modo que se aseguren as condicións de accesibilidade, e pavimento en cor.
O departamento de Infraestruturas prevé poder contar antes de finais deste ano co proxecto, de cara a súa supervisión e posterior información pública, a efectos expropiatorios.
As obras financiarase con fondos FEDER do período 21/27.
Este novo estudo, inclúese no contrato da Xunta do servizo para a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia para as provincias as provincias de Lugo e A Coruña.