Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
A Xunta avanza na reparación do noiro da autoestrada AG-57 do Val Miñor, ao paso por Gondomar, tras o desprendemento de terra a causa dos recentes temporais. Nestas obras invístese un orzamento de 109.705€.
Neste momento, estanse a executar os traballos de bulonado para a estabilización do noiro e a previsión dos técnicos é continuar os traballos de gunitado (técnica de construción que consiste en aplicar formigón ou morteiro a alta presión mediante unha máquina especial, que se utiliza para crear estruturas continuas, sen xuntas, moi compactas e resistentes, sendo ideal para noiros). Mentres, mantense un carril habilitado e outro sen servizo para seguir avanzan na obra e garantir a seguridade nos traballos.
O desenvolvemento das obras avanza a bo ritmo e prevese o seu remate para os vindeiros días.