Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras da nova senda na estrada OU-312 ao paso por Torneiros, no concello de Lobios.
Esta intervención de mellora da seguridade e accesibilidade neste tramo da vía autonómica suporá un investimento de preto de 40.000 euros.
Os traballos en execución céntranse en habilitar un itinerario de 350 metros de lonxitude, desde os puntos quilométricos 6+900 ata o 7+250.
A súa anchura será variable, entre 1,5 e 2 metros aproximadamente.
As obras non precisan expropiación, ao executarse dentro do dominio público dispoñible.
Este novo itinerario dará continuidade ás cunetas transitables de Bubaces, no itinerario executado nesta mesma estrada xunto ao río Caldo, preto do núcleo de Bubaces.