Tamén se reanudarán os traballos nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros; e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo.
Na provincia de Ourense, continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-902, que comunica os municipios do Carballiño e O Irixo.
Na provincia de Pontevedra, proseguirán as obras en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.
Seguridade viariaEstas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.