Santiago de Compostela, 2 de abril de 2023 A Xunta comezará a próxima semana actuacións de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-402, no concello de Cortegada.
Tamén proseguirán desde o luns as tarefas xa iniciadas en semanas previas noutras estradas autonómicas nas 4 provincias, como é o caso dos traballos na autovía AG-59, no concello de Teo.
No que se refire á provincia de Lugo, os traballos seguirán desenvolvéndose na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na estrada LU-162, entre O Valadouro e Foz.
Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas na estrada OU-531, nos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada; e na OU-540, ao paso por Barbadás.
Ademais seguirán as tarefas iniciadas nas estradas da provincia de Pontevedra, concretamente, na vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.
Seguridade viariaEstas actuacións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.
As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
A Xunta ten investido desde o ano 2018 un total de 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.