Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes da estrada PO-801, no concello pontevedrés de Crecente.
Ademais, continuarase cos traballos en execución nas marxes doutras seis estradas autonómicas ao seu paso polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
En canto á provincia de Pontevedra, ademais destes traballos na PO-801, proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo: na autovía AG-4.6, e na CG-4.1, que unen os municipios de Moaña e Cangas.
No caso da provincia da Coruña, as actuacións proseguirán coas tarefas en execución na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño.
Tamén continúan os traballos de roza e limpeza no tramo da vía de altas prestación CG-2.1, desde Monforte de Lemos ao Alto de Faro, na provincia de Lugo. Ademais, se retoman as intervencións na estrada LU-862, no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove.
Continuarán, ademais, as intervención que están en marcha na estrada OU-402, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Todas estas actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.
Estas intervencións do departamento que dirixe María Martínez Allegue están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M€; cun investimento total de 4 M€ para os dous próximos anos.