Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026
O servizo de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas vén de proceder esta tarde a cortar un carril da PO-308 á altura da Granxa, en Sanxenxo, para arranxar unha fisura detectada nun noiro da estrada autonómica.
Para minimizar no posible a incidencia na circulación, no sentido Sanxenxo -Pontevedra, se procede ao corte de carril máis próximo ao noiro afectado e elimínase o aparcadoiro existente ao outro lado da vía, de xeito que quede habilitado un carril por sentido.
Ao tempo, a Xunta está xa a avaliar os traballos que se van a comezar a levar a cabo de xeito inmediato para solucionar esta incidencia o antes posible.