A Xunta destaca as actividades que se realizan no centro sociocomunitario da Estrada como punto de encontro de veciños e usuarios da residencia

A Coruña, 26 de novembro de 2024

O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu esta tarde á representación escénica que organiza o centro sociocumunitario da Estrada como reforzo do programa de actividades impulsado pola Xunta e no que participan os veciños da vila e os usuarios do centro residencial de maiores.

Antón Acevedo destacou que esta actividade fomenta a vida activa dos maiores e promove novas formas de entretemento tanto para veciños como para os usuarios da residencia. Neste senso, sinalou que ao longo do ano hai programadas diferentes iniciativas teatrais, musicais e mesmo obradoiros manuais.

O director xeral fixo fincapé en que grazas a estas actividades se promove o encontro e socialización dos usuarios da residencia de maiores así como do resto de veciños da vila. Así, trasladoulles o compromiso da Xunta de Galicia de seguir promovendo estes programas iniciativas que axuden a manter o benestar dos maiores.