A Xunta enxalza o labor da Feira Cabalar de Pascua da estrada no desenvolvemento rural, social e económico

A Estrada (Pontevedra), 11 de abril de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu este mediodía aos actos enmarcados na celebración da Feira Cabalar de Pascua do concello pontevedrés da Estrada. Alí, destacou o papel que desenvolve esta celebración no impulso do desenvolvemento rural, social e económico da zona.

Por outra banda, lembrou que Galicia conta cunha raza autóctona propia, o Cabalo de Pura Raza Galega, orixinario da nosa comunidade e cuxas referencias de existencia remóntanse ao século XV. Desde a Consellería do Medio Rural colabórase activamente na conservación das razas autóctonas co obxectivo de preservar o patrimonio xenético con axudas destinadas ás asociacións de criadores, dotadas cun orzamento de 270.000 euros.