Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2023 A Xunta iniciará esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Barbanza, de Valdeorras e de Lemos.
Na provincia de Pontevedra, seguirán as tarefas de limpeza nas marxes da PO-331, no Porriño; na AG-51, en Salvaterra de Miño; ou nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e VG-4.7, en Carril e Baión.
Prevención lumes e seguridade viariaA Consellería de Infraestrutura e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.