A Xunta inicia as obras de execución dunha glorieta na estrada AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda, que suporán un investimento superior aos 405.000 €

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025

A Xunta  iniciou hoxe as obras de execución dunha glorieta na estrada da AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda, que suporán un investimento superior aos 405.000 euros.

O obxectivo desta actuación que se vén de iniciar é incrementar a fluidez do tráfico na intersección entre a vía autonómica AC-862 e a AC-115, actualmente regulada por semáforos.

Trátase da executar unha nova glorieta á altura do punto quilométrico 7+280 da estrada AC-862, que terá unha circunferencia de radio 16 metros no anel exterior da calzada, e 8 metros de diámetro no anel interior e permitirá regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro, contribuíndo á redución da velocidade nesa contorna.

A actuación incluirá a continuación dunha beirarrúa accesible ao longo da AC-862, cara á marxe esquerda da estrada autonómica.

A intervención completarase coa obra dunha nova beirarrúa dun ancho mínimo de 1.80 metros, xunto coa conformación dunha zona verde no entroncamento do camiño municipal.

O obxectivo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é ter executadas as obras para finais de este ano, ao contar cun prazo de execución de 5 meses e ter realizados os actos expropiatorios necesarios para executar as obras.