Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023 A Xunta vén de iniciar as obras correspondentes á mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, que suporán un investimento de máis de 1 M€.
Estes traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, vanse ir desenvolvendo nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en Vilamarín.
As intervencións comprenden a rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.
Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.
A Xunta, a través deste tipo de actuacións, continua traballando na conservación e no mantemento das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria.