Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2023
Na provincia da Coruña proseguirán os traballos en execución nas marxes da autovía autonómica AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño
En Ourense, continuarán os traballos iniciados na OU-101, ao seu paso polo municipio.
Na provincia de Lugo proseguirán as intervencións na vía de altas prestacións que comunica San Cibrao (LU-862) e Celeiro (LU-862).
En Pontevedra, avanzarán as intervencións nas marxes da AG-46, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na que une Carril e Baión (VG-4.7.).
Ademais destes traballos de limpeza nas marxes, a vindeira semana tamén continuarán as tarefas de axardinamento na glorieta da estrada PO-530, en Vilanova de Arousa.
Seguridade viaria e control de biomasaEstas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.