A Xunta inviste na mellora da estrada PO-371 ao seu paso por Cabral, en Vigo

Vigo, 20 de xullo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns os traballos de mellora que está levando a cabo a Axencia Galega de infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, na estrada autonómica PO-371 ao seu paso pola parroquia viguesa de Cabral. As obras, nas que se invisten 43.259,92 euros, consisten na retirada da varanda existente e a limpeza do terreo retirando a vexetación. Tamén realizarase a demolición do pavimento da beirarrúa e a demolición da cimentación actual da varanda.