Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mellorará o firme na estrada autonómica AC-550 entre os núcleos de Brens e A Ameixenda, no concello de Cee.
As obras, adxudicadas á empresa Vázquez y Reino S.L. por máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas.
O obxecto da intervención é o acondicionamento e rehabilitación de firme ao longo de 2 km de lonxitude da AC-550, entre os puntos quilométricos 2 e 4, de cara a reforzar a seguridade viaria.
Proxéctase o acondicionamento puntual dos treitos mais deteriorados, para o que se procederá ao fresado e reposición da capa de rodaxe do firme existente. Esta reposición levarase a cabo no ancho completo do carril.
Tamén se realizará o repintado da sinalización horizontal en todo o treito de actuación.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.