Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023 A Xunta vén de rematar a execución da nova senda na estrada autonómica OU-300, ao paso polo concello ourensán da Bola.
Os traballos, cun investimento autonómico de arredor de 40.000 euros, consistiron en habilitar un novo itinerario ao longo de case 300 metros pola marxe esquerda da vía.
O novo itinerario, que se executou a partir do punto quilométrico 12+350 da estrada e cun ancho de 2 metros, acada agora o núcleo de Fruíme, dándolle continuidade ao itinerario acometido no ano 2019, para comunicar os lugares de Murzás, A Badía e o cruce Aldea Ferreiro.
Esta actuación na vía autonómica permite reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños nos desprazamentos cotiáns de xeito máis cómodo, máis seguro e tamén máis saudable.