A Estrada (Pontevedra), 21 de abril de 2026
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio CEIP Cabada Vázquez da Estrada para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que está a desenvolver este centro co apoio da Xunta de Galicia.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a aprendizaxe colaborativa que levan a cabo os alumnos e profesores no seu día a día na dinámica da aula baseada en traballos por proxectos desde a etapa de Infantil ata a de Primaria, tendo en conta, así mesmo, o contacto coa natureza e coa súa contorna máis próxima.
Nesta liña xogan un papel relevante os distintos programas e recursos que a Consellería de Educación pon a disposición dos centros como é, neste caso, o seu Polo Creativo ou a súa Biblioteca Escolar, onde, ademais, participan en iniciativas como Radio na biblio e Biblioteca Creativa.